A cor vermella é unha das primeiras en ser recoñecidas pola infancia debido ao seu forte impacto visual, o que favorece a atención, a motivación e o interese dos/as nenos/as durante a aprendizaxe. Permite traballar a educación sensorial, a discriminación de cores e os hábitos de alimentación saudable.
A partir do coñecemento de alimentos vermellos (mazás, amorodos, tomates, cereixas, sandía, etc.), foméntase o recoñecemento de diferentes produtos naturais e a adquisición de vocabulario relacionado coa alimentación, contribuíndo así ao desenvolvemento lingüístico. Ao mesmo tempo, poténciase unha relación positiva coa comida saudable, reforzando a importancia de consumir froitas e verduras na vida cotiá.
Estas actividades permiten traballar aspectos cognitivos como a clasificación, a observación, o recoñecemento visual, e a asociación por características comúns, favorecendo o pensamento lóxico. Contribuindo ao desenvolvemento da coordinación motriz, creatividade e expresión emocional.
















No hay comentarios:
Publicar un comentario