miércoles, 21 de enero de 2026

MINI MUNDO INVERNAL....

     O minimundo é un espazo de xogo simbólico e sensorial que permite aos nenos e nenas explorar o mundo a través da manipulación, a observación e a experimentación.

    O minimundo de inverno permite a oportunidade de coñecer as características desta estación do ano mediante materiais naturais, figuras, texturas e escenarios que favorecen a imaxinación, a linguaxe e o desenvolvemento emocional. Convértese nun recurso pedagóxicopara estimular a curiosidade, o pensamento simbólico e a interacción co contorno.Favorece o desenvolvemento global  a través do xogo libre e da exploración dun minimundo ambientado no inverno.

Obxectivos específicos:

  • Explorar diferentes texturas, cores e materiais propios do inverno.

  • Desenvolver a coordinación óculo-manual e a motricidade fina.

  • Potenciar a linguaxe oral a través da observación e da interacción.

  • Fomentar a imaxinación e o xogo simbólico.

  • Estimular a curiosidade e o interese polo contorno natural.

  • Promover actitudes de respecto e coidado polos materiais.

  • Favorecer a socialización e o xogo compartido.


















viernes, 16 de enero de 2026

INVERNO....

 O inverno é unha estación que forma parte da experiencia diaria das nenas e dos nenos. Podemos observar cambios no clima, na roupa, nos alimentos e nas rutinas. Traballar o inverno permite achegarlles o contorno dun xeito sensorial, emocional e significativo, favorecendo a curiosidade, a exploración e o desenvolvemento global.















lunes, 5 de enero de 2026

FIN DE ANO....

 A celebración do Fin de Ano é  unha oportunidade para celebrar xuntos, compartir emocións positivas e reforzar o sentimento de pertenza ao grupo.

FELIZ ANO NOVO 2026.