A celebración do Nadal é unha oportunidade educativa para achegar ás crianzas ás tradicións culturais. A figura do Apalpador, personaxe tradicional galego, xunto con Papá Noel, permite traballar a diversidade cultural, o imaxinario infantil e os valores propios destas datas (xenerosidade, agarimo, ilusión).
O Nadal convértese nunha experiencia principalmente sensorial, emocional e social, favorecendo a creación dun ambiente acolledor no que as crianzas se sintan seguras, protagonistas e partícipes da celebración.
FELIZ NADAL.










No hay comentarios:
Publicar un comentario