jueves, 4 de junio de 2015

VISITAMOS O COLEXIO PÉREZ VIONDI.

 Outro ano máis, visitamos o colexio Pérez Viondi.Así,cando cambien de centro, estarán preparados para afrontar o paso a unha nova etapa escolar.












martes, 2 de junio de 2015

CARACOIS...


Os caracois son seres máis ben nocturnos, que esperan a que chegue a humidade da noite para saír en busca de alimento e tenden a realizar sempre as mesmas rutinas.Cando un caracol móvese, deixa tras de si un rastro de baba, isto permítelle moverse facilmente a través de calquera tipo de terreo sen danar o seu corpo. Non son capaces de escoitar, polo que confían no seu sentido do tacto e usan o seu sentido do olfacto para atopar comida.
Nós estamos coma o caracol: gozando do sol e da calor no patio, mentres os observamos nunha espectacular carreira.






viernes, 22 de mayo de 2015

VERMES DE SEDA.

Conta a lenda china que o emperador Huang Ti pediulle á súa esposa, a emperatriz Xi Lingshi, que investigase que estaba a ocorrer coas súas plantas de moreira cuxas follas desaparecían misteriosamente ata que a planta morría.
A emperatriz, a forza de observar as plantas, descubriu uns pequenos casullos amarelados e brillantes. Colleu un mentres tomaba o seu té e, por descoido, o casullo escapóuselle dos dedos e caeu na cunca de té quente. Ao sacalo, o casullo comezou a desfacerse transformándose nunha febra de fío moi longo.
Os nosos vermes de seda non rematarán coma os da emperatriz; pero si que convertéronse na nosa mascota por uns días, axudándonos a comprender o proceso da metamorfose, á espera de converterse en bolboretas.















martes, 19 de mayo de 2015

FESTA DOS MAIOS

Festa por partida cuádruple:
-Festa dos Maios.
-Festa do Salmón.
-Festa das Letras Galegas.
-Festexamos que esta é a entrada número 200.
Grazas a todos por acompañarnos e tamén a "Paco e Paca" e a David Otero por sumarse a celebración.

preparando canapés de salmón


"Paco e Paca"

David Otero