viernes, 14 de septiembre de 2018

BENVIDOS AO CURSO 2018-19.

Comezamos un novo curso: novas amizades,espazos,actividades e todo un ano por descubrir.Unha viaxe dos vosos fillos cara un  aprendizaxe a través de experiencias, vivencias e relacións interpersoais.

 Robert Fulghum escribiu que  "Todo o que hai que saber sobre como vivir e que facer e como debo ser aprendino( na escola infantil). A sabedoría non estaba na cima da montaña da universidade, senón alí, no arenero,no patio do xardín, nos recunchos, na hora da merenda...." 

Sobre a adaptación tendes información picando no seguinte enlace
http://escolainfantilelfos.blogspot.com/search/label/adaptaci%C3%B3n













martes, 31 de julio de 2018

QUÍMICA....

Unha clase de química a cargo da nai de Lena.A ciencia de transformar e combinar substancias.










viernes, 6 de julio de 2018

FESTA DE FIN DE CURSO.

Co bardo Abelardo contando as aventuras do paxaro Vicentiño voando polo rio Miño ou do carballo que naceu nas botas dun soldado,refrescándonos baixo o canon de espuma,bailando ao son da gaita ou gozando dun xeado despedimos este curso.