Adentrámonos na estación mais fría do ano..
lunes, 15 de enero de 2024
viernes, 12 de enero de 2024
CIRCULOS....
A manipulación da forma xeométrica do círculo mediante o xogo e a arte. Á aprendizaxe da xeometría, á adquisición de nocións espaciais e o desenvolvemento da sensibilidade estética que subxace das formas xeométrica A aprendizaxe da xeometría nos primeiros anos da infancia é relevante para o desenvolvemento dos nenos e nenas. Os nenos desenvolven a súa percepción do espazo, a súa capacidade de abstracción e o establecemento de relacións co seu corpo e coa súa contorna.
O círculo é símbolo da perfección, está relacionado con elementos propios da natureza como o sol, a lúa ou o noso propio planeta.Un dos primeiros xestos gráficos dos nenos ao debuxar sobre un papel, cando o movemento que xera o seu brazo conforma círculos.
jueves, 11 de enero de 2024
VIVENDAS E FAMILIAS...
As familias son grupos de persoas relacionadas por lazos de parentesco, xa sexa por sangue, matrimonio ou adopción. Nas familias, os nenos atopan amor, apoio e orientación. Existindo diferentes tipos de familias.
Ensinar sobre a diversidade nos tipos de vivendas e estruturas familiares axúdalles a comprender e apreciar a variedade de experiencias de vida no mundo.























































