lunes, 4 de noviembre de 2024

CABAZAS E LUCES SAMHAIN...

 

As cabazas e as luces na celebración de Samhain teñen un forte compoñente sensorial e cultural. Estas actividades axudan aos pequenos a:

  • Desenvolver habilidades sensoriais: Manipular cabazas, sentir a súa textura e explorar as súas formas e tamaños contribúe ao desenvolvemento sensorial.
  • Fomentar a curiosidade e o descubrimento: Explorar as cabazas e a luz permite experimentar, aprender mediante a observación e o tacto e fomentar a súa curiosidade e proporcionar experiencias sensoriais únicas.
  • Introducir tradicións e valores culturais: Celebrar Samhain axuda a inculcar un sentido de tradición e pertenza.
  • Desenvolvemento socioemocional: Participar en actividades grupais mellora a interacción social e a expresión emocional. 






















miércoles, 30 de octubre de 2024

SAMAÍM...

 A celebración de "Samhain" é unha festividade tradicional que marca o fin da temporada de colleita e o inicio da época "escura" do ano. A través desta celebración, búscase achegar aos nenos aos valores culturais e naturais asociados con esta festividade.

Fomentar a exploración autónoma, a imaxinación, desenvolver un sentido de identidade cultural e pertenza. 

 Queremos dar as grazas pola postal tan bonita que nos enviaron  as/os alumnas/os de Primeiro do CEIP do FOXO. Fíxonos moita ilusión e encantounos recibila do voso colexio.

 Moitas grazas.Con agarimo.