miércoles, 26 de febrero de 2025

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO....

 Celebrar o Día de Rosalía é unha oportunidade para achegar á cultura galega e fomentar o amor pola poesía e a música.Elaborar o Caldo de Gloria basado nun poema de Rosalía de Castro no que describe un caldo humilde, feito con ingredientes sinxelos pero cheo de dignidade e esperanza. É unha oportunidade para transmitir valores como a resiliencia, a gratitude polos recursos dispoñibles e a importancia da cultura gastronómica galega.Experimentar cos sentidos (olfato, tacto, gusto) e descubrir a tradición do caldo galego.






























lunes, 24 de febrero de 2025

PSICOMOTICIDADE FINA...

 O desenvolvemento da psicomotricidade fina  é fundamental para  adquirir  habilidades motoras que favorecerán a súa autonomía e preparación para futuras aprendizaxes, como a escritura e a manipulación de obxectos cotiáns.Permite mellorar a coordinación ollo-man, a precisión e a destreza manual.

As actividades como inserir pezas en buratos, enroscar e desenroscar tapas ou elementos, encaixar figuras e manipular pequenos obxectos, contribúen a fortalecer os músculos das mans e dos dedos, mellorando o control e a coordinación dos movementos. Estas accións non só desenvolven a motricidade fina, senón que tamén estimulan a concentración, a resolución de problemas e a exploración sensorial.
















viernes, 21 de febrero de 2025

CADRADO...

O cadrado na educación infantil  é clave para o desenvolvemento cognitivo, sensorial e motor. Axuda aos nenos a recoñecer formas, clasificar obxectos e adquirir nocións matemáticas básicas. Tamén estimula a percepción táctil e visual, mellora a motricidade fina e grosa, e fomenta a creatividade en actividades artísticas. O seu uso a través do xogo e da exploración favorece unha aprendizaxe integral e significativa.