Feliz Entroido:
Disfrazados para conmemorar o Entroido.Con festa,baile,merenda e obra de teatro da man de " O Monstro de Cores."
Feliz Entroido:
Disfrazados para conmemorar o Entroido.Con festa,baile,merenda e obra de teatro da man de " O Monstro de Cores."
O Entroido en Galicia, é unha festividade de gran arraigamento cultural que destaca pola súa cor, música e tradicións. Esta celebración favorece o desenvolvemento sensorial, social e emocional, ofrecendo a oportunidade de experimentar novas sensacións a través de disfraces, música e xogos.
Espantallos pola rúa:
Hoxe vivimos unha xornada moi especial saíndo á rúa disfrazados de espantallos. Percorremos as rúas centrais, enchendo o ambiente de cor e ledicia coa nosa vestimenta orixinal e os nosos sombreiros cheos de palla. A xente mirábanos con sorpresa e sorrisos, disfrutando da nosa pequena festa ambulante.
O mellor momento chegou cando entramos no supermercado, onde nos recibiron con entusiasmo e nos agasallaron con uns doces deliciosos.Un Entroido para recordar!
Hoxe tócanos decir adeus,a Fátima a nosa alumna en prácticas, pero non sen antes agradecerche todo o teu esforzo, dedicación e entusiasmo durante o teu tempo connosco. Foi un pracer contar contigo no equipo.
Estamos seguros de que este é só o comezo dunha gran carreira para ti, e non temos dúbida de que conseguirás todo o que te propoñas. Desexámosche moito éxito nesta nova etapa e agardamos que esta experiencia fose valiosa para ti.
Con agarimo.
Pintando con xeos de cores