lunes, 21 de abril de 2025

PASCUA....

 A celebración da Pascua na aula  permite achegar aos nenos e nenas a unha tradición cultural e social moi enraizada. A través de actividades simbólicas e sensoriais, estímase a exploración, o xogo, a creatividade e o desenvolvemento emocional. Ademais, aproveitase esta festividade para reforzar a convivencia, o respecto polas tradicións e a participación en actividades colectivas.:

 Familiarizar ao neno/a cos elementos culturais asociados á Pascua (ovos, coelliños, cores primaverais...).

  • Estimular os sentidos mediante actividades plásticas.
  • Fomentar a socialización e o traballo en grupo.
  • Desenvolver a motricidade fina e gruesa (pintar ovos, buscar sorpresas, etc.).
  • Favorecer o desenvolvemento da linguaxe mediante cancións, contos e palabras relacionadas coa Pascua. 

























  • miércoles, 16 de abril de 2025

    PITIÑOS...

     Durante os primeiros anos de vida, os nenos e nenas aprenden principalmente a través da exploración sensorial, a observación e o contacto co seu contorno. Acercalos ao mundo animal mediante a observación e o coidado de pitiños favorece o seu desenvolvemento emocional, cognitivo e sensorial. Esta experiencia estimula a curiosidade natural, promove o respecto polos seres vivos e fortalece os vínculos afectivos co medio.

















    lunes, 14 de abril de 2025

    INSTALACIÓN PRIMAVERAL....

    As instalacións permiten presentar estímulos significativos adaptados, promovendo o desenvolvemento sensorial, cognitivo, motor e emocional. Ademais, foméntase o xogo libre, a experimentación e a interacción social nun ambiente seguro e motivador.

    Estimular os sentidos a través de materiais relacionados coa primavera.Potenciar a motricidade fina e grosa mediante a exploración libre do espazo.Favorecer a creatividade, a autonomía e o xogo espontáneo e iniciar o coñecemento da contorna natural e dos cambios estacionais.















    miércoles, 2 de abril de 2025

    PRIMAVERA....

     A primavera é unha estación que trae consigo múltiples cambios na natureza, ofrecendo unha oportunidade ideal para estimular o desenvolvemento integral dos cativos. Nesta etapa, a aprendizaxe baséase na exploración, na experimentación e no descubrimento a través dos sentidos.

    1. Estimular os sentidos mediante a observación de cores, texturas, sons e olores.

    2. Favorecer o desenvolvemento da linguaxe introducindo vocabulario relacionado coa estación (flores, sol, bolboretas, choiva, etc.).

    3. Potenciar a motricidade grosa e fina a través das actividades.

    4. Fomentar a curiosidade e o descubrimento, promovendo a aprendizaxe a través da exploración.

    5. Desenvolver a socialización e as emocións positivas mediante experiencias compartidas.

    6. Iniciar a conciencia ambiental mediante o respecto e o coidado da natureza.