miércoles, 25 de junio de 2025

ACTIVIDADES E DESPEDIDA DE EVA...

Despedímonos con agarimo de Eva, que durante as súas prácticas formativas na escola demostrou unha gran implicación, responsabilidade e ganas de aprender.

Foi un pracer acompañarte neste tramo do teu camiño profesional, e agradecemos profundamente o teu compromiso, a túa actitude positiva e o bo ambiente que soubeches crear entre nós.

Desexámosche moito éxito en todo o que veña, tanto a nivel persoal como profesional. Estamos convencidas de que o futuro traerá moitas boas oportunidades para ti, e que saberás aproveitalas con intelixencia e ilusión.

Moitas grazas por compartir este tempo connosco. Ata sempre Eva.

 
















martes, 17 de junio de 2025

ARANDOS...

Os arándanos (Vaccinium spp.) son froitos do bosque de pequeno tamaño e cor azulada ou violeta escura, moi ricos en antioxidantes, vitaminas (sobre todo C e K) e fibra. Medran en matogueiras baixas e son típicos de climas húmidos e fríos. 

Os arándanos serven  para traballar aspectos sensoriais, alimentarios e naturais. Ao seren un alimento natural, pequeno e atractivo pola súa cor e sabor, os arandos permiten múltiples experiencias: observar, tocar, espremer, saborear, pintar con eles, etc.

 🫐 Arando azul, arando redondo,
na miña boca fai un mundo!
Ñam, ñam, ñam, que sabor máis bo,
gústame o arando, ¡dimo ti tamén, oh!









jueves, 12 de junio de 2025

AZUL...

 A cor azul está presente en múltiples elementos da contorna cotiá (ceo, mar, roupa, xoguetes...). Nos nenos e nenas é fundamental traballar a estimulación sensorial e perceptiva, así como o desenvolvemento cognitivo e da linguaxe. Utilizar a cor azul como fío condutor facilita a observación, exploración e experimentación, favorecendo tamén o desenvolvemento emocional e a aprendizaxe por descubrimento.












lunes, 2 de junio de 2025