viernes, 21 de noviembre de 2025

DÍA DA INFANCIA...

     O Día da Infancia é unha data dedicada a recoñecer a importancia dos dereitos dos nenos e das nenas, así como a promover o seu benestar, participación e desenvolvemento. A atención á primeira infancia é fundamental, xa que é unha etapa clave na formación das bases emocionais, sociais, cognitivas e motoras. A través desta celebración, a escola infantil Elfos pretende crear un espazo de xogo, expresión e afecto onde se visibilice o valor da infancia e o papel que desempeñan as familias, a escola e a comunidad.

    A celebración do Día da Infancia encaixa dentro do marco dos Dereitos da Convención sobre os Dereitos do Neno, os cales inclúen o dereito ao xogo, á protección, á saúde, á educación e á participación. 























miércoles, 19 de noviembre de 2025

SAN MARTIÑO....

A festa do San Martiño forma parte das tradicións galegas relacionadas coa chegada do outono, a gastronomía e a vida no rural. Antigamente, esta época marcaba o momento de “facer o porco”, unha práctica esencial para a supervivencia das familias.


 












viernes, 14 de noviembre de 2025

FROITOS DE OUTONO....

      Os froitos desta época (castañas, noces, uvas, granadas, caqui, mazás, peras…) permiten traballar a exploración, o coñecemento do mundo, a linguaxe e a motricidade a través da manipulación directa.

    O contacto con materiais naturais é fundamental para favorecer a aprendizaxe significativa, a curiosidade e o desenvolvemento sensorial. Ademais, permite introducir vocabulario novo, fomentar hábitos alimentarios saudables e crear experiencias emocionais e afectivas.











miércoles, 12 de noviembre de 2025

LIBROS...

    Agasallo de Alba Espiño Rodríguez ( a tía de Gorka) de  dous contos escritos  por ela: ."Olivia y el pato Lolo" que ensina  a como superar os medos e "Tuly" onde os vagalumes iluminan a noite con flash máxicos....todas,menos ....











lunes, 10 de noviembre de 2025

EXPERIMENTOS TERRORÍFICOS...

      Celebramos o Samhain cunha actividade de experimentación sensorial e química. Preparáronse diferentes espazos con materiais seguros e manipulables, como auga coloreada, bicarbonato, vinagre, fariña, xelatina e cabazas baleiradas.

    O momento máis emocionante foi a “cabaza efervescente”, onde ao mesturar bicarbonato e vinagre apareceu unha escuma chea de burbullas. Tamén se exploraron texturas brandas, líquidos de cores e botellas sensoriais, favorecendo a curiosidade.