O Entroido é unha das festas máis importantes e divertidas de Galicia, celébrase con disfraces, música, máscaras e moita alegría.
viernes, 13 de febrero de 2026
lunes, 9 de febrero de 2026
ROUPA DE ABRIGO....
O coñecemento do propio corpo e do contorno inmediato constrúese a través da experiencia directa e das rutinas cotiás. A roupa, e en particular a roupa de abrigo, forma parte da vida diaria dos nenos e nenas. Ensinar a identificar as distintas prendas, o seu uso e o momento axeitado para poñelas axuda a que o neno ou nena comprenda mellor o seu entorno e as necesidades do propio corpo.
O proceso de poñer e quitar a roupa de abrigo os nenos e nenas van interiorizando accións sinxelas como introducir os brazos, baixar cremalleiras ou recoñecer a súa propia roupa.O feito de identificar distintos tipos de prendas (abrigo, gorro, bufanda, chaqueta…) contribúe ao desenvolvemento da linguaxe, ampliando o vocabulario e axuda a establecer relacións entre as prendas e as condicións climáticas, como o frío ou a chuvia. A manipulación da roupa favorece o desenvolvemento da motricidade fina e da coordinación óculo-manual, así como a percepción sensorial a través das distintas texturas, pesos e formas das prendas.
lunes, 2 de febrero de 2026
DÍA DA PAZ...
Celébrase o Día da Paz para lembrar a importancia de vivir sen violencia e aprender a resolver os conflitos a través do diálogo, o respecto e o agarimo.Nas escolas conmemórase o 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario da morte de Mahatma Gandhi, un referente mundial da loita pacífica e da non violencia.
Máis que falar de guerras, este día céntrase en ensinar valores como:
-
a amizade
-
a solidariedade
-
o respecto
-
a empatía
Tradúcese en algo moi sinxelo: aprender a quererse, coidarse e tratar ben aos demais desde pequenos/as. A paz empeza nos xestos máis pequenos.Traballar o Día da Paz significa educar desde o vínculo, a calma e o bo trato, fomentando un ambiente onde se sintan queridos/as, escoitados/as e acompañados/as.
miércoles, 21 de enero de 2026
MINI MUNDO INVERNAL....
O minimundo é un espazo de xogo simbólico e sensorial que permite aos nenos e nenas explorar o mundo a través da manipulación, a observación e a experimentación.
O minimundo de inverno permite a oportunidade de coñecer as características desta estación do ano mediante materiais naturais, figuras, texturas e escenarios que favorecen a imaxinación, a linguaxe e o desenvolvemento emocional. Convértese nun recurso pedagóxicopara estimular a curiosidade, o pensamento simbólico e a interacción co contorno.Favorece o desenvolvemento global a través do xogo libre e da exploración dun minimundo ambientado no inverno.
Obxectivos específicos:
-
Explorar diferentes texturas, cores e materiais propios do inverno.
-
Desenvolver a coordinación óculo-manual e a motricidade fina.
-
Potenciar a linguaxe oral a través da observación e da interacción.
-
Fomentar a imaxinación e o xogo simbólico.
-
Estimular a curiosidade e o interese polo contorno natural.
-
Promover actitudes de respecto e coidado polos materiais.
-
Favorecer a socialización e o xogo compartido.


































































