viernes, 12 de julio de 2024

GRADUADOS....

 Celebramos o fin dunha etapa, pero tamén o comezo doutra chea de novas oportunidades:A graduación das  pequenas e pequenos Elfos. Foi un ano cheo de aventuras, descubrimentos e aprendizaxes. Cada un destes nenos medrou en coñecemento, habilidades e confianza.

 Parabéns, pequenos graduados!

















 

lunes, 8 de julio de 2024

jueves, 4 de julio de 2024

A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER....

O día da festa de fin de curso, un grupo de pais e nais da escola Infantil Elfos sorprendeu a todos cunha  representación da obra: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". A iniciativa, que xurde como unha maneira de involucrar máis ás familias nas actividades do centro.

"A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"... Pode pasarlle a calquera, pero un día saíu do tobo e alguén lle fixo aquilo na cabeza...

 







viernes, 28 de junio de 2024

FESTA DE FIN DE CURSO....

 

A festa de fin de curso, celebrada na praia fluvial, foi unha tarde chea de diversión e emoción.

 Os  xogos de auga,a merenda, a representación teatral realizada polos pais da obra "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", chea de humor e agarimo, foi aplaudida e deixou a todos cun sorriso na cara,o taller de pinta caras e para rematar un gaiteiro ofreceu unha actuación  que encheu o ambiente de música tradicional, facendo que todos se uniran nun animado baile.

A festa de fin de curso na praia fluvial foi unha celebración perfecta para rematar o curso, combinando xogos, boa comida, teatro e música para crear recordos imborrábeis.

Parabéns para todas e todos e feliz verán.