miércoles, 4 de diciembre de 2019

AXUDAS INVESTIMENTO.

A Xunta de Galicia concedeu a 27 escolas infantís dependentes de entidades privadas de iniciativa social (EPIS) achegas económicas por un valor de preto de 400.000 euros para a mellora das instalacións, a adquisición de novo equipamento e a incorporación de novas tecnoloxías. Política Social concede estas axudas, financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feader).

O Goberno galego chegou a todas as EPIS que solicitaron estas axudas e reunían os requisitos establecidos na convocatoria: 20 na provincia de Pontevedra, seis da Coruña e unha en Lugo. Cunha contía máxima que pode recibir cada centro de 25.000 euros: 15.000 euros para as obras de mellora e de 10.000 para a compra de equipamento máis a integración das novas tecnoloxías nas aulas.

A Escola Infantil Elfos recibiu 15.604,39€. repartidos nas seguintes partidas: 10.118,17 € para obras menores, 2.965,98€. para equipamento e 2.520,24€. para novas tecnoloxías. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario