A uva é unha froita atractiva pola súa cor, forma redonda e sabor doce. O que permite aos cativos explorar a través dos sentidos (vista, tacto, gusto e olfacto). Ademais, fomenta hábitos saudables de alimentación, o recoñecemento de cores, a motricidade fina e a socialización.
lunes, 29 de septiembre de 2025
viernes, 26 de septiembre de 2025
PATIO....
O patio lugar de descanso, xogo e aprendizaxe social.Un espazo grande onde xogar, correr, falar cos amigos e descansar un pouco despois de traballar na clase. Sentir o aire fresco, fainos sentir mellor e con máis enerxía.
lunes, 22 de septiembre de 2025
A VENDIMA...
A vendima é unha tradición cultural e social que forma parte da nosa contorna. Acercala aos nenos e nenas permítelles descubrir e experimentar coa natureza, coñecer produtos da terra (a uva) e vivir experiencias sensoriais enriquecedoras.
Nestes idades, a aprendizaxe constrúese a través do xogo, a manipulación e a experimentación, polo que a vendima ofrece unha gran oportunidade para traballar os sentidos, a motricidade fina e grosa, a socialización e o arraigamento cultural.
A actividade da vendima se centra en vivir experiencias directas:
-
Tocar e observar os acios.
-
Probar a froita (se é posible).
-
Pisar uvas como xogo sensorial.
viernes, 12 de septiembre de 2025
PRIMEIROS DÍAS...
Os primeiros días na escola infantil son unha etapa de adaptación, tanto para os nenos e nenas como para as familias. É normal que ao principio aparezan bágoas, inquedanzas ou certa resistencia á separación, xa que se enfrontan a un entorno novo cheo de persoas, rutinas e experiencias descoñecidas.
Porén, este proceso é completamente natural e temporal. Pouco a pouco, os nenos e nenas comezan a sentirse seguros, recoñecen aos seus educadores como figuras de confianza e descobren que a escola é un lugar onde poden xogar, aprender e relacionarse cos demais.
É importante lembrar que cada neno/a necesita o seu propio tempo para adaptarse e que non todos o fan do mesmo xeito. Con paciencia, agarimo e constancia, a maioría termina gozando do seu día a día no centro.
Como familias, o máis valioso que podedes achegar é transmitir tranquilidade e confianza. Os nenos perciben as emocións dos seus pais e nais; se senten seguridade, tamén a farán súa. Coa colaboración entre escola e familia, a adaptación convértese nunha oportunidade de crecemento e autonomía para os máis pequenos.


























































