A vendima é unha tradición cultural e social que forma parte da nosa contorna. Acercala aos nenos e nenas permítelles descubrir e experimentar coa natureza, coñecer produtos da terra (a uva) e vivir experiencias sensoriais enriquecedoras.
Nestes idades, a aprendizaxe constrúese a través do xogo, a manipulación e a experimentación, polo que a vendima ofrece unha gran oportunidade para traballar os sentidos, a motricidade fina e grosa, a socialización e o arraigamento cultural.
A actividade da vendima se centra en vivir experiencias directas:
-
Tocar e observar os acios.
-
Probar a froita (se é posible).
-
Pisar uvas como xogo sensorial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario