viernes, 24 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO....

    O Día do Libro celébrase o 23 de abril para promover a lectura, coincidindo coa data do falecemento de autores moi importantes como Miguel de Cervantes e William Shakespeare.

    Esta celebración convértese nunha oportunidade ideal para iniciar aos nenos e nenas no gusto polos libros. Ademais, aproveitamos esta data para visitar á biblioteca municipal. A visita permiteu que os cativos coñezan a biblioteca como un lugar atractivo e accesible, fomentando a curiosidade, a exploración e o interese polos contos. 

Achegarse aos libros é fundamental para o desenvolvemento da linguaxe e a imaxinación . 



















No hay comentarios:

Publicar un comentario