lunes, 6 de abril de 2026

PASCUA....

     A Pascua coincide coa chegada da primavera, unha época de cambio na natureza: nacen flores, hai máis luz e moitos animais teñen crías. Por iso, relaciónase coa idea de renovación e novo comezo.

    Os ovos de Pascua adquiren un gran valor pedagóxico, xa que permiten traballar a exploración de cores, formas e texturas mediante actividades manipulativas (pintura, decoración, clasificación…). Ademais, o ovo como símbolo de vida e renovación conéctase de forma natural coa primavera, facilitando a comprensión dos cambios no contorno.

    A “caza de ovos” constitúen unha actividade altamente motivadora que fomenta a curiosidade, a atención e o movemento. A través destas dinámicas, os nenos e nenas desenvolven habilidades motoras básicas (desprazamentos, coordinación), ao tempo que participan en situacións de xogo compartido que favorecen a socialización e o respecto.























No hay comentarios:

Publicar un comentario