A vendima constitúe unha tradición profundamente vinculada á cultura e á identidade de Galicia, especialmente ao medio rural. Achegar esta realidade aos nenos e nenas permite favorecer o coñecemento do contorno próximo a través dunha experiencia significativa, sensorial e lúdica.
A proposta parte da curiosidade natural dos pequenos e pequenas e do seu interese por tocar, observar, cheirar, probar e experimentar. A través da uva e das diferentes actividades relacionadas coa vendima, poderán descubrir características dos alimentos, experimentar con diferentes texturas e cores e participar en pequenas accións de manipulación.
Ademais, a actividade permite achegar ás crianzas ás tradicións e costumes da súa contorna.





















No hay comentarios:
Publicar un comentario