A exploración dos elementos do outono a través de bandexas sensoriais pretende achegar aos cativos ao coñecemento do contorno natural dunha maneira activa, manipulativa e significativa.
A través da observación, da manipulación e da exploración de materiais naturais, descubrimos diferentes cores, formas, tamaños, texturas, pesos e sons propios desta estación. As bandexas ofrecen un espazo delimitado e organizado que favorece a curiosidade, a autonomía, a concentración e a iniciativa persoal.Favorecendo o desenvolvemento sensorial, motor, cognitivo, lingüístico e afectivo, así como o respecto e coidado da natureza.











No hay comentarios:
Publicar un comentario