viernes, 22 de marzo de 2013

CHUVIA DE ESTRELAS..

Mirando ao ceo,de noite, descubrimos as estrelas.Estrelas de sabores, creadas cas nosas mans, para iluminar os nosos corazones.
Planetas, satelites e estrelas, todo o universo a nosos pés.


Estas estrelas foron feitas pola mama de Eva















jueves, 21 de marzo de 2013

NEVE NA ESTRADA

A neve é un fenómeno meteorolóxico que consiste na precipitación de pequenos cristais de xeo. Pero o máis importante é que serve para xogar.












De sólido a líquido

A neve desapareceu e converteuse en auga


martes, 19 de marzo de 2013

viernes, 8 de marzo de 2013

A TI: MULLER E NAI....

    


    O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora

   Este día específico dedicado ás mulleres traballadoras débese a un tráxico suceso que ocorreu nos Estados Unidos, no ano 1857. O día 8 de marzo dese ano, as mulleres que traballaban nunha fábrica téxtil de Nova York, resolveron parar de traballar como protesta ás súas precarias condicións de traballo. Esa era a primeira vez que as mulleres se unían para reivindicar melloras laborais e, por tanto, os seus dereitos.
    Elas pedían a redución do horario de traballo diario, que era de 16 horas, a 10 horas diarias. Ademais, por traballar esas horas, elas percibían apenas un terzo do soldo que recibían os homes.  Pero a rebelión foi contida de forma violenta, culminando coa morte de 129 traballadoras, carbonizadas dentro da fábrica. Anos despois, en 1910, durante unha conferencia internacional das mulleres realizada en Dinamarca, xurdiu a idea de crear unha data específica para homenaxear ás operarias mortas na fábrica téxtil. E así foi como en 1975, a Asemblea Xeral da Organización de Nacións Unidas (ONU) decidiu decretar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.






lunes, 4 de marzo de 2013

A QUE SABE A LÚA..?

Un teatro de sombras, para representar a que sabe a lúa.
E grazas á mamá de Eva, nós sabemos a que sabe a lúa.
A lúa sábenos a ................








LUÁS DE TODAS AS CORES

SÁBENOS A.......