lunes, 21 de abril de 2014

PASCUA E CHOCOLATE.

Pensar na Pascua, é pensar en rosca e en monecos de chocolate.
Un ovo xigante pintado con autentico chocolate e buscando os ovos agochados.


miércoles, 16 de abril de 2014

SEMENTANDO EN PRIMAVERA

Sementando na primavera:

Unha das razóns principais polas que a primavera é unha época perfecta para traballar no xardín é a temperatura.
 O sol comeza a quentar. Moitas plantas xa empezan a desenvolverse e noutras é necesario sementalas, para que no verán produzan.

martes, 8 de abril de 2014

viernes, 4 de abril de 2014

A DAMA DAS CAMELIAS...

"A dama das camelias"  é unha novela asinada por Alejandro Dumas (fillo). Esta obra está inspirada nun feito real da vida de Alejandro relativo a un romance con Marie Duplessis nova cortesá de París que mantivo distintas relacións con grandes personaxes da vida social.A ópera "A Traviata", do compositor italiano Giuseppe Verdi, baseouse nesta novela.
Aínda que a nosa actividade non ten nada que ver coa novela,si que ten relación coa fermosa árbore e a sua flor.
Proveniente de Asia e introducida en Galicia sobre 1800.Existen mais de 200 especies distintas, sendo a súa flor xeralmente grande e inodora e a súa cor varía desde o branco ao vermello pasando por tonalidades rosas.
Non sei se é a flor máis representativa de Galicia,  pero si sei, que é a máis abundante no patio da escola.


 


jueves, 3 de abril de 2014

UN ANIVERSARIO ESQUECIDO...

Parabéns para Eire polo seu segundo aniversario.Aínda que sexa tarde, non queremos esquecernos de ti.



martes, 1 de abril de 2014

ANIVERSARIOS DO MES DE MARZO

Aniversarios do mes de marzo:
 Carolina, Sara, Angel,Xoel,Angela,Xulia e Matias.Parabéns para todos, a soprar e pedir un desexo.
 E de agasallo, cousas que un neno debe facer mentres que é neno:
GABEAR:Gabear con seguridade, pero sen medo e acompañados dun maior se é preciso. A unha árbore, a unha pedra enorme ou a unha montaña, atopar onde apoiar os pés e as mans. Para o fin, descubrir outro punto de vista e gozar do esforzo realizado.