viernes, 2 de mayo de 2014

ANIVERSARIOS DO MES DE ABRIL

Aniversarios do mes de Abril:
  Daniel,Ines,Guille,Manuel,Mauro,Noa e Lia .Parabéns para todos, a soprar ben forte e pedir un desexo.
 E de agasallo:
 Descubrir animais en liberdade, non os que aparecen en zoolóxicos e parques:
Mirar nunha charca  as ras, os peixes nun rio, as aves no ceo, mirar os insectos que se moven, un coello que corre polo bosque ou uns patos nun estanque. Prestando moita atención ao son que emiten.



miércoles, 30 de abril de 2014

UN NIÑO DE PAPORRUBIO

Descubrimos, no patio, un niño de paxaro nunha árbore e investigando descubrimos que era dun paporrubio.
Esta é unha ave de pequeno tamaño, bastante  rechamante debido á cor vermella do peito, que a fai inconfundible.
O paparrubio aliméntase fundamentalmente de insectos, vermes, baias e sementes.
O niño esta situado entre a vexetación, preto do chan ou a pouca altura. Constrúeo a femia a base de pequenos anacos de herba e follas. Poñendo de catro a seis ovos.

 










lunes, 28 de abril de 2014

O PAZO DE OCA

Visitamos o Pazo de Oca,lugar emblemático no concello de A Estrada.
Os seus maxestosos xardíns,invitan a percorrelo dando un pequeno paseo, descubrindo recunchos de auga e plantas, onde o tempo parece detido.


sábado, 26 de abril de 2014

UN CONTACONTO NA ESCOLA.

Un contacontos visita a escola.
Unha "toupiña" e "coelliño branco" narrado por Fofi, un novo contacontos.Non sei si  ler para alguén faino lector ou non, pero é un pracer para quen lee e para quen escoita.





miércoles, 23 de abril de 2014

OVOS..

O ovo simboliza o principio do orixe da vida.Como algo fráxil que hai que coidar para que creza.