martes, 24 de marzo de 2020

ACTIVIDADES CORENTENA 1....


Actividade 0-1 ano

A actividade que levaremos a cabo hoxe será para axudar a desenrolar a prensión, a motricidade e o control postural.
Na bandexa da trona ou nunha superficie na que podamos sentar preto o neno/a pegaremos obxectos cotiás e se é posible algunha flor ou folla . O pegaremos con celo ou calquera cinta adhesiva que teñamos.
Coa supervisión do adulto pero sen intervir observaremos como os pequenos conseguen quitar os obxectos e experimentan a súa textura, olor, etc.
Nesta actividade o adulto observa e quita se é necesario os obxectos para que non os introduza na boca no caso das flores ou follas (non deixar nunca as crianzas sin vixilancia). Se é posible estimulados o olfacto con estes elementos e lles nomeamos o que é.
Os obxectos cotiás poden ser unha culler, caixa de madeira, tubo de papel hixiénico, etc. Non pegar xoguetes deles. 


Actividade 1-2 anos

Damos a benvida a primavera
Imos realizar cos nenos/as unha actividade de experimentación e de carácter vivencial na cal vexan xerminar unha semente na casa. Para isto necesitamos un recipiente de cristal ou plástico pequeno como pode ser un bote de cristal, vaso de iogur, etc.
Nel introduciremos un anaco de algodón e posteriormente unhas 3 ou 4 fabas, sementes ou lentellas depende do que teñamos na casa. Unha cousa en cada bote. Por enriba das sementes engadimos un pouco mais  algodón e con un spray con auga o mollamos.
Cada día iremos con eles a ver o que sucede e describiremos os cambios que se producen.
Falaremos da primavera, se é posible e vivimos nunha casa sairemos a observar os cambios nas plantas, arbores, etc. Se isto non é posible (por mor da corentena) o veremos dende a xanela.












lunes, 23 de marzo de 2020

ACTIVIDADES CORENTENA....


Estas son algunhas recomendacións para lograr un boa convivencia familiar durante estos días que temos que estar na casa:

-  Para lograr un ambiente de tranquilidade, no que os máis pequenos poidan asimilar da mellor maneira estes cambios que se están a producir e preciso manter horarios e rutinas habituais de descanso, comida, aseo e tempos de xogo.
-  Coas presas do día a día acabamos facendo cousas por eles, que sen lugar a dúbida, poderían realizar eles sos. Pór iso, é un bo momento para traballar a autonomía á hora de vestirse, de asearse ou de realizar algunha que outra tarefa do fogar, fortalecendo así a seguridade en si mesmos e estimulando a capacidade de colaboración.
- Debemos reflexionar tamén sobre a necesidade de manter ós nenos e nenas ocupados todo o tempo. Nos como educadoras vamos a mostrarvos unha serie de actividades que podedes levar a cabo cos vosos fillos/as na casa durante estes días; pero tamén é preciso que os nenos e nenas teñan eses tempos de "aburrimento" nos que poidan desenvolver a súa imaxinación e creatividades.

Actividades:
Aula 2-3 anos:
- Realizamos unha colaxe.
Con xornais ou revistas que teñamos pola casa recortamos e pegamos imaxes sobre unha folla para crear a nosa obra de arte. Pode ser dunha paisaxe, un personaxe... Tamén podemos empregar  materiais de refugallo ( cartón, pallas, botóns...)

- Xogamos con sombras.
Recortamos siluetas de cartolina con distintas formas e pegámoslle un pau. Apagamos a luz e cunha lanterna xogamos a reflectir as sombras.









viernes, 20 de marzo de 2020

CORENTENA...

Estimadas familias, durante o tempo que dure a corentena, as educadoras de aula propoñerán unha serie de actividades para que fagades cos vosos fillos na casa.

Aproveitar o tempo que estades con eles para xogar,escoitar música e ler moitos contos.


  Actividade 0-1 anos

  • Nunha cartolina ou cartón pór unha cantidade pequena de pintura de dedos de varias cores separadas. Despois forrar toda a superficie con filme tanto por encima como por baixo e deixar que os nenos fagan a súa propia obra de arte.


 Actividade 1-2 anos

  • Imos recibir a primavera con flores. Con pintura de dedos variadas pintaremos as caixas dos ovos, posteriormente deixarémolas secar. Unha vez secas recortásense e fáiselles un buraco para introducir un fío e formar con elas unha grilanda floral.


  • Fronte ao espello nomear partes do corpo para que as nenas/os as sinalen no espello e as toque no seu propio corpo.


Estas actividades cando remate a corentena, poderemos expoñelas na aula.






       

viernes, 13 de marzo de 2020

COVID-19 (CORONAVIRUS)


Ante a situación xerada pola evolución do coronavirus, COVID-19, o DOG de hoxe 12 de marzo publica en edición extraordinaria o acordo do Consello da Xunta onde se indica que as escolas infantís 0-3,  as ludotecas, os espazos infantís e as casas niño suspenderán toda a súa actividade dende o luns 16 de marzo durante un período inicial de 14 días naturais.


PROTOCOLO CONXUNTO DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E DA CONSELLERÍA DE SANIDADE PARA OS CENTROS DE SERVIZOS SOCIAIS COMO CONSECUENCIA DA SITUACIÓN E EVOLUCIÓN DO CORONAVIRUS (COVID-19)

coronavirus protocolo centros de servizos sociais 

https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia