viernes, 2 de agosto de 2024

RECORDOS CURSO 23-24....

¡O fin de curso chegou! Foi un ano cheo de aprendizaxe, crecemento e momentos inesquecibles. Grazas a todos polo voso esforzo, dedicación e por facer deste ano unha etapa especial nas nosas vidas.

Para celebrar e recordar os mellores momentos deste ano, creamos un vídeo que recolle os instantes máis significativos e emotivos. Dende as primeiras clases, pasando por actividades, proxectos e eventos especiais, ata os momentos de camaradería e diversión. ¡Agardamos que o gocedes tanto como nós gozamos vivilos!

Despedímonos coa esperanza de que o próximo curso nos traia novas oportunidades, aprendizaxes e experiencias que nos enriquezan aínda máis. 

¡Vémonos o próximo curso 2024-25!




 

 

 Instantes do curso 2023-24 para lembrar.




 






miércoles, 24 de julio de 2024

PINTURA DE XEOS...

 A pintura de xeo é unha actividade creativa e sensorial que combina  arte e ciencia. Esta técnica non só fomenta a creatividade e a expresión artística, senón que tamén introduce conceptos básicos, como o estado sólido e líquido da auga, e a temperatura. 


  • Fomentar a Creatividade: Explorar diferentes maneiras de crear arte, utilizando xeo como medio.
  • Desenvolvemento Sensorial: A través do contacto co xeo, experimentar diferentes texturas e temperaturas, estimulando os seus sentidos.
  • Educación Científica: Introducir conceptos básicos sobre a auga e o seu ciclo, como a conxelación e o derretemento.
  • Coordinación Motora: Mellorar a coordinación ollo-man e as habilidades motoras finas ao manipular os bloques de xeo e pintar con eles. 
  •  






    viernes, 19 de julio de 2024

    NO MAR...

     O mar, cos seus cores vibrantes, sons relaxantes e unha gran variedade de formas e texturas, proporciona un tema ideal para estimular a  imaxinación e o aprendizaxe.

     As cunchas, a auga e a area, ofrecen múltiples oportunidades para estimular os sentidos do tacto, a vista, o oído e o olfacto;os diferentes elementos mariños, peixes,nasas,algas...axuda  a desenvolver habilidades cognitivas temperás, como a clasificación e o recoñecemento de patróns.