miércoles, 15 de mayo de 2013

VISITAMOS O COLEXIO DE LOURDES

Seguimos cas visitas aos colexios da zona.Hoxe fomos ao colexio de Lourdes e aproveitamos para ver o mercado, cos seus postos e o cruceiro da rúa que lle da o nome.
E para mais información sobre a visita ao colexio, en CATROGATOS.
http://www.catrogatos.com/2013/05/a-escola-infantil-elfos-visita-o-colexio-lourdes/



 cruz de pedra que adoita estar situada nas encrucilladas dos camiños e nos atrios das igrexas




martes, 14 de mayo de 2013

UNHA COLABORADORA ESPECIAL...

A mama de Eva e unha colaboradora especial, non hai dúbida que ten unha man excepcional.Plasma, nas súas creacións culinarias, as unidades didácticas que desenvolvemos.Mestura os ingredientes de tal xeito que da forma tanto a lenzos coma a esculturas con gran mestría.
E sí ,ademais están de vicio.







jueves, 9 de mayo de 2013

OBRADOIRO DE COSMETICA NATURAL

 O pinta beizos é o produto de beleza máis vendido do mundo,  imprescindible nos bolsos de moitas mulleres.
Fai miles de anos, mulleres  como Nefertiti ou Cleopatra xa pintaban de vermello os seus beizos. Naqueles tempos, o carmín gardábase en pequenas latas e estendíase cos dedos ou cun pincel.
 Dous perfumeiros franceses substituíron aquela especie de pomada por sebo de cervo e cera de abellas, e presentárona envolvida en papel de seda con forma de lapis na Exposición Mundial de Amsterdam, o 1 de maio de 1883.
Sen ir tan lonxe,nos temos os nosos pinta beizos caseiros,caseiros.






E, coma sempre,toda a información na revista CATROGATOS.
http://www.catrogatos.com/2013/05/elfos-acolle-un-obradoiro-de-elaboracion-de-cosmeticos-naturais/

XOGANDO CAS PEDRAS.....

Pedra:Materia sólida máis ou menos dura e compacta, que atópase no interior ou na superficie da codia terrestre.
Croio,xeixo,canto,china,grava,grixo,pedregullo,pedrullo,cascallo,cascote,entullo,cachote,penedo,roca,rocha,pena,farallón,etc.Cantidade de sinónimos que conten a lingua galega, para designar distintas "pedras".






DOLMEN DE ELFOS