jueves, 14 de noviembre de 2013

MAIS ANIVERSARIOS

Esta vez dámoslles os parabéns a Mauro Otero,Brais,Manuel e Maria.
Felicidades aos catro polo voso aniversario e unha recomendación para todos os nenos e nenas que cumpren 2 anos


TEÑO 2 ANOS E SON ASI:

QUE SON CAPAZ DE FACER:.
- Pensar en min.
- Expresar as miñas necesidades.
- Imitar.
- Xogar só-a, comer sen axuda, correr, saltar, subir e baixar escaleiras.
- Pelexar por un xoguete.
- Comunicarme.
- Adquirir hábitos.
- Explorar os obxectos.

QUE NON PODO FACER:.
- Medrar sen afecto.
- Pensar nos demais.
- Adaptarme rapidamente a situacións novas.
- Fixar moito tempo a atención.
- Estar quieto-a moito tempo.
- Expresarme correctamente de forma oral.
- Controlar sempre os esfínteres.

QUE NON PODO FACER, PERO PODO APRENDER:.
- Separarme dos meus pais e crear lazos afectivos con outros adultos.
- Xogar con outros-as e á beira doutros/as.
- Compartir xoguetes.
- Adaptar os meus ritmos biolóxicos.
- Adquirir autonomía.
- Estar sentado-a un intre.
- Fixar a atención.
- Escoller, elixir.
- Comunicarme de moitas formas.
- Aprender a falar aos poucos.
- Controlar os esfínteres.


martes, 12 de noviembre de 2013

ANIVERSARIOS

Hai aniversarios atrasados, non porque nos saquemos anos, felicidades a Carlota e a Minia  por ese primeiro ano cumprido.
Hai caras que nos din todo.









viernes, 8 de noviembre de 2013

NOITE DE SAMAIN

 A escola,de súpeto,apareceu cuberta  de arañas coas súas teas,parecía que queríannos xantar, aínda que ao final ocorreu todo o contrario.
E para espantar as malas vibracións,nada mellor que as cabazas iluminadas e os fachos prendidos.
Feliz  Samain a todas e todos.

arañas feitas pola mama de Valeria

miércoles, 6 de noviembre de 2013

PREPARAMOS AS CABAZAS...

Achégase o Samain, tempo de cabazas e de medo.Festa que despraza ao Halloween dos Estados Unidos, dándolle un matiz propio.Somos mais de Don Juan Tenorio e de xantar ósos de Santos que de Susto ou trato.Pero no que estamos de acordo é que gustanos decorar as cabazas.