Queremos dar as grazas a todas as familias, aos nenos e ás nenas que participaron na nosa Festa de Fin de Curso da escola infantil Elfos.
Foi unha xornada chea de ledicia, xogos, risas e momentos inesquecibles que nos permitiron despedir un curso marabilloso compartindo tempo xuntos. Agardamos de corazón que todos e todas o pasarades moi ben e que gardedes un fermoso recordo deste día tan especial.
Parabéns a todos os pequenos e pequenas polos seus avances ao longo do curso, e tamén ás familias pola súa confianza, colaboración e apoio constante. Grazas por formar parte desta gran familia educativa.
Desexámosvos un feliz verán, cheo de descanso, diversión e novas aventuras. Agardámosvos o próximo curso con moita ilusión para seguir aprendendo, medrando e compartindo momentos únicos xuntos.
Bo verán e ata o próximo curso!


















No hay comentarios:
Publicar un comentario