Unha experiencia inusitada a través da luz,o son e o tacto.
Un contaconto do libro "O Paxaro da Alma" escrita por Mijal Snunit. Unha historia sobre a alma e as emocións que se entristece ou conmove co que lle sucede a persoa que o posúe.
PROXECTO CORAZÓN é unha proposta en colaboración entre a ASOCIACIÓN GALLEGA DE CARDIOPATÍAS CONGÉNITAS Y CARDIOPATÍAS FAMILIARES e as escolas infantís O CEO AZUL de Bueu e O PARQUE de Portosón.
A idea xorde da celebración do Día Mundial das Cardiopatías Conxénitas o 14 de febreiro, unha data que soemos adicar a celebrar o amor e que se pode estender máis ao coñecemento do noso propio corazón e a unha primeira aproximación ás RCP. Queríamos que o alumnado tivese un coñecemento básico das enfermidades de corazón e introducilos na súa concienciación.
A reanimación cardiopulmonar (RCP) é unha técnica que se usa para salvar vidas en situacións de emerxencia cando unha persoa deixa de respirar ou o seu corazón deixa de latexar.
Caracol col cando hai sol,saca os cornos ao sol.
Unha carreira de caracois para investigar como se desprazan;seguimos a espiral da súa cuncha e os pintamos.
Recibimos a visita da Doutora Eva Garcia,pediatra do centro de saúde de A Estrada e coordinadora COVID-19 dos centros educativos da zona ,para comprobar o funcionamento do protocolo covid e as medidas preventivas do centro, así como dar unhas recomendacións as nenas e nenos do que deben facer para evitar os contaxios.
Conmemoramos o día das letras galegas,este ano adicado a figura da poeta,tradutora,editora e mestra Xela Arias.E tamén celebramos a Festa do Salmón,cunha piñata figurativa do propio peixe.