viernes, 5 de diciembre de 2025

CIRCULO....

    A introdución das formas xeométricas realízase dun xeito manipulativo, sensorial e vivencial, xa que as nenas e nenos aínda non dispoñen dun pensamento abstracto desenvolvido. O círculo é unha das primeiras formas que poden recoñecer intuitivamente debido á súa presenza frecuente no contorno (pelotas, pratos, rodas, pegadas, buracos, soletes, etc.) e á súa estrutura regular e continua, fácil de percibir e explorar visual e táctilmente.

    Traballar o circulo favorece o desenvolvemento perceptivo, a discriminación visual e a capacidade de clasificación, así como a linguaxe, ao incorporar vocabulario básico relacionado coas formas. A través do xogo, da exploración de obxectos circulares e de actividades motoras (rodar, trazar, sinalar), os cativos constrúen as primeiras nocións xeométricas.
























viernes, 28 de noviembre de 2025

A COR VERMELLA...

     A cor vermella é unha das primeiras en ser recoñecidas pola infancia debido ao seu forte impacto visual, o que favorece a atención, a motivación e o interese dos/as nenos/as durante a aprendizaxe. Permite traballar a educación sensorial, a discriminación de cores e os hábitos de alimentación saudable.

    A partir do coñecemento de alimentos vermellos (mazás, amorodos, tomates, cereixas, sandía, etc.), foméntase o recoñecemento de diferentes produtos naturais e a adquisición de vocabulario relacionado coa alimentación, contribuíndo así ao desenvolvemento lingüístico. Ao mesmo tempo, poténciase unha relación positiva coa comida saudable, reforzando a importancia de consumir froitas e verduras na vida cotiá.

    Estas actividades permiten traballar aspectos cognitivos como a clasificación, a observación, o recoñecemento visual, e a asociación por características comúns, favorecendo o pensamento lóxico.  Contribuindo ao desenvolvemento da coordinación motriz, creatividade e expresión emocional.




















miércoles, 26 de noviembre de 2025

VERMELLO....

A instalación do “cor vermella” responde á necesidade de crear un espazo simbólico e visual asociado ao coidado, o afecto e a seguridade emocional, axudando a:

  • Identificar e expresar emocións.

  • Fortalecer a autoestima.

  • Establecer vínculos positivos.

  • Interiorizar rutinas de benestar.

  • Desenvolver as primeiras habilidades de empatía e convivencia pacífica.

A cor vermella constitúese como un elemento pedagóxico que permite introducir actividades relacionadas co contacto emocional.Favorece o aprendizaxe significativo.A súa presenza no centro contribúe a crear un clima positivo, reducindo situacións de estrés e inseguridade e potenciando a autonomía emocional.