A introdución das formas xeométricas realízase dun xeito manipulativo, sensorial e vivencial, xa que as nenas e nenos aínda non dispoñen dun pensamento abstracto desenvolvido. O círculo é unha das primeiras formas que poden recoñecer intuitivamente debido á súa presenza frecuente no contorno (pelotas, pratos, rodas, pegadas, buracos, soletes, etc.) e á súa estrutura regular e continua, fácil de percibir e explorar visual e táctilmente.
Traballar o circulo favorece o desenvolvemento perceptivo, a discriminación visual e a capacidade de clasificación, así como a linguaxe, ao incorporar vocabulario básico relacionado coas formas. A través do xogo, da exploración de obxectos circulares e de actividades motoras (rodar, trazar, sinalar), os cativos constrúen as primeiras nocións xeométricas.





















No hay comentarios:
Publicar un comentario