viernes, 19 de diciembre de 2025

GARABATOS...

     O garabateo é unha actividade fundamental no desenvolvemento dos cativos. Nesta etapa, o debuxo non ten unha intención representativa, senón que constitúe unha forma de exploración sensorial, motriz e expresiva. A través do garabateo, o neno experimenta co movemento do seu corpo, co uso dos materiais e coas marcas que deixa no espazo, descubrindo progresivamente a relación causa–efecto.

    Esta actividade favorece o desenvolvemento da motricidade fina, a coordinación óculo-manual e o control progresivo do trazo, aspectos básicos para aprendizaxes posteriores como a escritura. Ademais, o garabateo permite ao neno expresar emocións, estados de ánimo e vivencias dun xeito libre, fomentando a súa creatividade e autoestima.










No hay comentarios:

Publicar un comentario