O outono é unha estación chea de cambios: o tempo varía, as cores da natureza transformanse, as follas caen e aparecen novos elementos naturais (follas secas, landras, castañas, piñas…).
O contacto directo coa natureza e co entorno inmediato é esencial para o desenvolvemento sensorial, cognitivo e emocional. Traballar o outono permite explorar mediante os sentidos (vista, tacto, oído, olfacto) e favorecer a curiosidade, a observación e o respecto pola natureza.
As follas secas, son un recurso natural que ofrece múltiples posibilidades de experimentación e xogo: poden tocarse, escoitar o seu ruído ao romperse, clasificarse por cores e tamaños, empregarse en actividades plásticas, etc.
miércoles, 8 de octubre de 2025
FOLLAS DE OUTONO...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

















No hay comentarios:
Publicar un comentario