O Samaín é unha festa tradicional galega que marca a chegada do outono e o tempo das cabazas, das luces e dos contos misteriosos. A súa celebración permite introducir as tradicións galegas de maneira adaptada e lúdica, ofrecendo aos máis pequenos experiencias sensoriais, emocionais e sociais.
A través de xogos de luces, cores, texturas e sons, os nenos e nenas poden descubrir o Samaín sen medo, explorando e coñecendo o mundo que os rodea.
A experiencia cos botes sensoriais do Samaín, elaborados con materiais seguros e atractivos (auga, purpurina, confeti, cabaciñas de plástico, follas secas, cintas, etc.). Estes botes contribúen ao desenvolvemento sensorial e emocional, á atención, á curiosidade e á autorregulación.
A experimentación directa, a observación, o xogo libre e a rutina compartida, axuda a descubrir a maxia do Samaín dun xeito tranquilo e divertido.















No hay comentarios:
Publicar un comentario