Visitamos o Belén instalado na Igrexa parroquial de A Estrada.Conta con 15 metros de longo e ten un encoro e un acueduto.
miércoles, 31 de diciembre de 2025
lunes, 29 de diciembre de 2025
REPOSTARÍA DE NADAL...
A Repostaría de Nadal permite achegar aos nenos e nenas ás tradicións propias desta época do ano a través da experimentación sensorial, a manipulación e o xogo. A cociña convértese nun recurso educativo motivador que favorece a aprendizaxe significativa, xa que parte da experiencia directa e do interese do alumnado.
A elaboración de receitas típicas do Nadal (galletas, tronco de nadal, etc.) facilita o traballo dos sentidos, a coordinación motora e a socialización.
viernes, 26 de diciembre de 2025
O NADAL...
O Nadal, como festa de gran tradición e valor cultural, supón unha oportunidade única para fomentar os valores da solidariedade, a convivencia familiar, e a reflexión sobre o significado do amor e da xenerosidade. O Nadal serve como un punto de encontro para a reconexión, a paz e a renovación dos vínculos sociais;permite non só honrar as tradicións, senón tamén reflexionar sobre as prioridades sociais e individuais para os anos vindeiros.


















































